15 jun 2012

ANDROMEDA

Filla do rei de Etiopía.
Poseidón castiga ao país coa aparición dun monstro mariño. Andrómeda é encadeada e exposta a este perigo pero afortunadamente aparece o heroe Perseo, que promete liberala para logo casar con ela. Perseo, á súa vez, válese da cabeza de Medusa para petrificar aos seus inimigos. Cando morre Andrómeda é catasterizada (convertida en estrela) na constelación que leva o seu nome. Por outra banda, algúns autores quixeron ver neste mito a orixe da lenda de San Xurxo e o dragón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario