1 sept 2012

AQUILES


Educado polo centauro e médico Quirón, foi o maior heroe (entenidendo como heroe a quen coñece o seu destino adverso e está disposto a asumilo) dos que acudiron a Troia.

Fillo da nereida Tetis e do mortal Pelexo. Resentido publicamente por Agamenón no máis íntimo da súa honra, retirouse do combate e puxo en perigo a expedición dos gregos contra Troia.

Só a morte do seu gran amigo Patroclo fíxo que se reincorporara ao combate. Ás súas mans morreu Héctor.

Máis tarde el mesmo, "o de velocísimos pés" atopa a morte alcanzado de lonxe por unha frecha do covarde Paris. O disparo alcanzoulle no talón, único punto vulnerable de todo o seu corpo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario